Estes pasados días, cos resultados das eleccións a Xunta de Galicia, xa coñecidos e irrefutables, puidemos ler nos xornais, unha moi variada selección das opinión dos mellores escritores, columnista, xornalistas e expertos na análise política, deste Pais.
As diferentes opinións todas elas absolutamente respectables, varían sensiblemente se veñen de Madrid, ou están feitas na terra, sorprende ver como un mesmo feito que consubstancialmente non debería variar, pode verse de xeito moi diferente segundo a cor do cristal co que se mira, e dende logo se o análise ven dun ou doutro lado do espectro político.

De entre todas as que saboreei atopei unha que falaba da “revolta cívica do sentido común dos Galegos....” ,e fíxome gracia, porque hai unhas semanas eu escribía dende esta mesma columna sobre o que chamei de xeito agarimoso, como a “rebelión dos caladiños”, que eu esperaba e desexaba que de unha vez por todas e para sempre levantaran a súa voz recia e nobre, de xente coma nos, Galegos, feitos a baixar a cabeza e calar, e como a forza imparable dun furacán varrera toda esta tropa de especuladores, ladróns de guante branco, señores con minúsculas, poderosos ca forza dos cartos, non da xustiza ni a razón.
A verdade é que a miña opinión difire radicalmente da que o meu admirado Luis Ventoso, vertiu neste articulo ao que estoume a referir, e por eso fíxome pensar sobre o que fai tempo me contou un vello cliente, cheo da sabedoría dos moitos anos vividos.

Contan que nunha aldea de Muros, na Coruña, fai anos, nas primeiras eleccións democráticas, que íanse a convocar neste Pais, os da dereita ameazaban na procura dos botos –sempre e o mesmo-, a xente mais humilde ca chegada dos “Comunistas”.

Mais ou menos, referíanse a ela como a peor das calamidades. Un comunista era naqueles anos, como un demo ou trasno de cornos e rabo, que botaba lume polos ollos, e por riba querían quitar a propiedade privada das cousas para repartilas; a colectivización socialista da propiedade .
Pois ben, a señora Maria, xa preto dos oitenta, e bastante escasa de oído, no que escoitou ao señor cura na predica da misa sobre o tema, ao chegar a casa contounos a súa maneira o que ía a pasar:
-Sei que se gañan os comunistas van a repartir as propiedades, así que mira ti que ben, cas dúas leiras que xa temos e si nos dan outra que estea cerquiña e teña boa terra, traballándoa ........
Pois eso mesmo, “Nos Os Galegos”, para algúns non se sabe nunca se subimos ou baixamos a escaleira, ¡Que gran vasallo si tivera bo señor¡.